Skip to content

ÁGORA
Escola diocesana de formación teolóxica, ministerios e servizos

Formación teolóxica

O Instituto Teolóxico “San José” de Vigo ofrece xunto coa Vigairía de Pastoral da Diocese unha aula de teoloxía para catequistas, axentes de pastoral e laicos en xeral, con cursos sistemáticos de formación.

Ágora que vén funcionando na nosa diocese desde o ano 2008, quere dar un novo pulo á formación redifiníndose como unha “escola de teoloxía, ministerio e servizos”, ofrecendo así unha canle para formar a aquelas persoas que están a desenvolver, ou queren desenvolver, algún servizo eclesial.

Esta oferta formativa será do maior interese para as persoas que colaboran no eido da liturxia, da catequese, do voluntariado, da caridade, da pastoral da saúde, etc… Tamén está aberta ás persoas da vida consagrada ou a calquera persoa con inquedanzas e curiosidade teolóxica.

Escríbenos