Coñécenos nunhas poucas palabras…
O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo é un centro, afiliado á Facultade de Teoloxía da Pontificia Universidade de Salamanca, no que se pode cursar o Grao de Estudos Eclesiásticos -Bacharelato en Teoloxía-.
A nosa principal tarefa consiste en formar academicamente a quen se preparase para o ministerio pastoral. Esta responsabilidade implica axudar aos alumnos, como lembrou o papa Bieito XVI, a “coñecer e comprender a estrutura interna da fe na súa totalidade, de maneira que se converta nunha resposta ás preguntas dos homes, que aínda que aparentemente cambian en cada xeración, no fondo son as mesmas”.
A fe, a resposta do home á Palabra de Deus, tende polo seu propio dinamismo ao coñecemento. A Teoloxía desenvólvese, en consecuencia, como un saber que parte da revelación cristiá acollida na fe da Igrexa e que se orienta a iluminar a vida dos homes.
Lonxe de ser unha cuestión sen interese, a reflexión teolóxica sitúanos ante aspectos decisivos que incumben á existencia cotiá, á vida persoal e social, ao sentido último da cultura e da historia. Ancorada na Palabra de Deus, a Teoloxía ábrese ao diálogo con outros saberes e ciencias.
O Instituto Teolóxico, desde a especificidade que lle é propia, desexa prestar un servizo cualificado á acción pastoral da Igrexa nesta Diocese de Tui-Vigo e ao conxunto da sociedade.
Guillermo C. Juan Morado.
Director del Instituto Teolóxico “San Xosé”.