O Curso de Teoloxía para sacerdotes está organizado polo Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo, en colaboracíon coa Vigaría do Clero, teranse 20 sesións de clases semanais (os martes de 11 a 13 horas) con dúas materias de fondo, unha para cada cuatrimestre, e outras clases de temas de carácter monográfico. As clases serán impartidas por profesores do Instituto Teolóxico, e darán comezo o 1 de outubro.
A INSCRICIÓN IMPLICA:
Matricularse antes do 7 de outubro.
Abonar 30€ en concepto de matrícula.
Comprometerse a asistir con regularidade ás clases.
A INSCRICIÓN PÓDESE:
Entregar personalmente no Instituto Teolóxico.
Mandar por correo postal a:
Instituto Teolóxico San Xosé
Estrada de Madrid 8
Apartado 3073 (36200 Vigo)
Ou por Correo electrónico a itsanxose@diocesetuivigo.org
Para máis información, comunicar por teléfono ao Secretario do Instituto: 660257548