Skip to content

Presentación da 4ª edición Biblia en galego

Presentouse onte, 27 de outubro, na sede de Afundación en Vigo a cuarta edición da biblia en galego editada por SEPT. Esta edición conta co patrocinio da Xunta de Galicia, e no acto interviron o bispo Luis Quinteiro, o presidente de SEPT, Francisco Domínguez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Xosé Fernández Lago, deán da catedral de Santiago de Compostela e biblista supervisor desta edición.

A primeira edición da Biblia en galego de SEPT saíu á luz no ano 1989, logo houbo dúas edicións posteriores en 1992 e 2001, estando esgotada esta última desde hai máis de cinco anos. A edición que se presentou é o resultado dunha revisión lingüística, de acordo coas normas en vigor da Real Academia Galega.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies