Skip to content

O Instituto San José de Vigo honra a Santa Catalina, patroa dos filósofos

Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo celebra unha solemne Eucaristía, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, para honrar a Santa Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, o vindeiro mércores 25 de novembro ás 12:00  h na capela do Seminario Maior de Vigo.

O habitual acto académico, que constaba de varias conferencias e tiña lugar no salón de actos do Seminario Maior tras a celebración litúrxica, queda suspendido debido ao actual Estado de alarma e ás restricións de mobilidade estipuladas polas institución públicas.

Para garantir a seguridade dos asistentes fronte ao COVID-19, o aforo estará reducido a un terzo da capacidade máxima da capela do Seminario Maior, tal e como rexe a normativa vixente.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies