Skip to content

Teoloxía para Leigos – DECA

Formación teolóxica

O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo ofrece unha aula de teoloxía para catequistas, profesores, axentes de pastoral e leigos en xeral, con cursos sistemáticos de formación teolóxico-pastoral, que posúe validez oficial para a obtención da DECA (Declaración Eclesiástica de Competencia Académica).

O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo, da Diocese de Tui – Vigo, é un centro superior de estudos teolóxicos afiliado á Universidade Pontificia de Salamanca (renovación para un novo quinquenio, con data de 4 de setembro de 2012), destinado preferentemente á formación dos futuros sacerdotes da nosa diocese. O centro imparte o ciclo Institucional de Estudos Eclesiásticos e outorga o título de Grao en Teoloxía (Bacharelato en Teoloxía – Licenciado en Estudos Eclesiásticos) […]

Para os interesados na obtención da Declaración Eclesiástica de Competencia Académica (DECA) […]

O noso centro ofrece dos niveis de estudos:1º, Nivel DECA o INICIAL e 2º, Nivel AVANZADO. Cada semana impartiranse catro clases do Nivel DECA o INICIAL e dúas clases do Nivel AVANZADO. As clases serán na modalidade PRESENCIAL, valorando a presencia e participación na actividade académica. Tódalas asignaturas son semestrais e os alumnos podrán matricularse do curso completo, según niveis, o por asignaturas soltas […]

Capacitar e preparar futuros profesores de ensino relixioso escolar, no ámbito dela Educación Infantil e Primaria, que garantan unha formación relixiosa e moral católica de calidade […]

Formación para á vida

Cursos de formación teolóxico-pastoral, sistemática e de nivel universitario, para catequistas, profesores de relixión, axentes de pastoral ou laicos en xeral.

Escríbenos