Secretaría GT

GRADO EN TEOLOXÍA – SECRETARÍA

Alumnos de novo ingreso

Quen aspire a ser alumnos do Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo, deberán presentar na Secretaría os seguintes documentos:

  • Solicitude de admisión.
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Certificado explícito de Bacharelato LOGSE ou de COU, así como das Probas de Acceso á Universidade, ou ben o da proba de acceso para maiores de 25 anos.
  • Dúas fotografías tamaño carné.

Matrícula

Todos os alumnos han de abonar unha cota anual en concepto de matrícula de 350,00€. Quen desexe facelo en dous prazos deberá pagar o primeiro antes do 21 de decembro, e o segundo, antes do 30 de abril. Esta cota abonarase en efectivo na propia Secretaría ou por transferencia bancaria á cta.: 2080 5127 61 3000121491 (neste caso deberán presentar o resgardo bancario xustificando o pago). A ausencia destes requisitos redundará na perda de dereitos por parte do alumno.

Convalidacións

Os alumnos que soliciten convalidaciones dalgunha materia, deberán presentar en Secretaria a seguinte documentación: Instancia dirixida ao Director na que fundamente a súa petición, certificado de estudos e programas da materias para as que solicita convalidación.

Exame de Grao ou Bacharelato

Finalizados os estudos do ciclo institucional, con todas as materias aprobadas, os alumnos poderán presentarse ao EXAME de GRAO. A matrícula e o pago pola mesma farase seguindo as indicacións da Universidade Pontificia de Salamanca.

Cualificacións

As cualificacións que se outorgan son:

  • Sobresaínte: 9 – 10.
  • Notable: 7 – 8.
  • Aprobado: 5 – 6.
  • Suspenso: 0 – 4