Skip to content

presentación

Teoloxía para Leigos

O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo, da Diocese de Tui – Vigo, é un centro superior de estudos teolóxicos afiliado á Universidade Pontificia de Salamanca (renovación para un novo quinquenio, con data de 4 de setembro de 2012), destinado preferentemente á formación dos futuros sacerdotes da nosa diocese. O centro imparte o ciclo Institucional de Estudos Eclesiásticos e outorga o título de Grao en Teoloxía (Bacharelato en Teoloxía – Licenciado en Estudos Eclesiásticos).

No curso 2012-2013, e promovido polo Sr. Bispo, púxose en marcha unha nova sección para a actualización teolóxica dos sacerdotes: Curso de Teoloxía para Sacerdotes; nesta mesma liña, e para facer máis presente o Instituto no seu servizo diocesano de formación teolóxico-pastoral, a partir do curso 2014-2015, ponse en marcha unha nova sección dedicada á formación e actualización dos axentes de pastoral, especialmente dos profesores de Ensino Relixioso Escolar, da nosa diocese. Esta nova sección denomínase: “Aula de Teoloxía para Laicos”

Unha sección do Instituto Teolóxico, que seguindo as liñas marcadas polo noso Bispo diocesano, os plans de Estudos da Universidade Pontificia de Salamanca e as normas emanadas da Conferencia Episcopal Española, ofreza aos laicos

  • unha formación teolóxico-pastoral básica,

  • unha actualización a aqueles xa iniciados e con titulacións en Ciencias Relixiosas e

  • a preparación necesaria dos candidatos a profesores de relixión para a obtención da DECA (Declaración Eclesiástica de Competencia Académica).

A aula de Teoloxía para laicos, promovida polo noso Centro, complementa aos outros dous organismos, xa existentes na nosa diocese, de formación para os laicos: “Ágora” e o Instituto de Ciencias Relixiosas San Dámaso, recentemente afiliado á Universidade Pontificia San Dámaso de Madrid. O noso Centro tería un nivel universitario, con valor académico e será preferentemente na modalidade presencial.

O plan de estudos que asume este centro, réxese polo acordo da Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española sobre a regulación da declaración eclesiástica de idoneidade para a designación dos profesores de Relixión Católica do 27 de abril de 2007, así como as normas de actualización de titulacións conforme ao decreto R.D. 1919 / 2011, aprobadas pola Comisión Episcopal de Ensino do 29 de febreiro de 2012.

Antonio Menduiña Santomé.
Director do Instituto Teolóxico “San Xosé”.

Escríbenos