Novo número en Telmus

/ Maio 8, 2017/ Biblioteca, Instituto, Noticias, Novas, Novidades, Telmus

Telmus 7/8 (2014-2015)

Telmus é o Anuario do Instituto Teolóxico “San Xosé” e do Seminario Maior “San Xosé” da Diocese de Tui-Vigo. Telmus é Telmo, San Telmo, Patrón da Diocese, en cuxa festa (24 de abril de 2017) publícase este número dobre.

Que ofrece este número? Pois, en primeiro lugar, unha sección sobre o “Ano da Misericordia”. Inclúe esta sección a carta pastoral “Bienaventurados os misericordiosos” de D. Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo, e o artigo do Prof. Dr. D. Serafín Béjar Bacas, da Facultade de Teoloxía de Granada, titulado “Misericordia e exceso: Perspectivas teolóxico – pastorais para o ano xubilar”.

Unha segunda sección está dedicada aos 50 anos da celebración do Concilio Vaticano II, con artigos de Fernando Cerero García (“A actualidade da Eclesiología”), Juan Carlos Sendón Fojo (“Presbyterorum Ordinis, 50 anos despois”) e Juan José González Estévez (“A interpretación da Sacra Escritura, Dei Verbum 12”).

A terceira parte versa sobre “Outros Estudos”: Un artigo de Óscar Valado Domínguez (“Do Deus da filosofía ao Deus da fe. Historia do Itinerarium Fidei de Manuel García Morente”); un traballo de Avelino Muleiro García, “Antón Losada Diéguez e a teoría case transcendental”; o texto do Dr. José Carlos Rodríguez Álvarez sobre “María Zambrano, unha mirada: O home, a aurora”; o de Antonio Menduiña Santomé, “Isaías e Lucas en diálogo”; así como os de Jesús Casás Otero, “Xustificación do culto ás imaxes”; Yolanda Obregón García, “As declaracións ao cántico espiritual. Un autor nos límites da linguaxe”; e de Juan José Sobrino Piñeiro,.

Nas notas de historia, dáse conta de dous traballos do xurista Roberto Carreira Álvarez, sobre os concilios suevos de Braga e sobre a lei natural. Tamén se recolle unha colaboración de Avelino Bouzón Galego, sobre os arquivos da Diocese, e de Juan José González Estévez sobre San Julián do Monte Aloia.

A todo isto, súmanse as memorias académicas e unha sección final bastante nutrida de recensións e crónicas.

Animo a subscribirse ao Anuario. Só costa, a subscrición, 35 euros. Creo que merece a pena.

Guillermo Juan Morado.

O próximo número de “Telmus” recollerá, entre outras cousas, os relatorios e comunicacións das XVIII Xornadas de Teoloxía Fundamental, que con tanto interese estamos a preparar.

Xa moitos se anotaron, pero rogamos aos que desexen inscribirse que non o deixen para o último día.