Descubrir… Miragres de Santiago

/ Marzo 8, 2017/ Biblioteca, Descubrir...

A Biblioteca quere presentarvos un exemplar de edición limitada e exclusiva que atesoura nos seus andeis.

Miragres de Santiago = Milagres de Santiago = Milagros de Santiago.  [Valencia]: Scriptorium Ediciones Limitadas, 2004.

Trátase dunha reprodución facsímile do manuscrito conservado na da Biblioteca Nacional de Madrid coa signatura 7455, pertencente á Biblioteca do Conde de Miranda. Acompaña á reprodución un libro estudo, escrito por Ramón Lorenzo Vázquez, coa transcrición do texto medieval, traducida ao galego e ao castelán por María José Badenas Poboación e Daniel Gozalbo Gimeno.

É unha edición limitada de 450 exemplares numerados con certificado notarial. O exemplar do noso fondo é o número 94.

Os Miragres de Santiago é un manuscrito de finais do século XIV ou principios do XV que contén unha tradución do Codex Calixtinus ou Liber Sancti Jacobi texto do século XII conservado no Arquivo da Catedral de Santiago.

Este manuscrito latino dos Miragres de Santiago contén varias partes:

  • Apoloxía da cidade e do Apóstolo Santiago. Descrición da mesma, as súas portas, igrexas, catedral, etc.
  • Guía de peregrinos e perigos a que estaban expostos.
  • Tradución ao romance dos milagres do apóstolo e do “Pseudo Turpin”, lenda de Carlomagno e Roldán parte do “Ciclo Carolingio” en galego.
  • Tradución do Codex Calixtinus do século XII, Liber Sancti Iacobi.

A estrutura do libro é confusa, debido á desorde con que foi copiado e pola perda de bastantes follas que nos deixan algúns episodios mutilados. Na tradución galega, os milagres considéranse escritos polo papa Calixto II e constitúen o núcleo central da obra.

Acompaña unha reprodución en pergamiño dos Privilexios dos Reis Católicos aos peregrinos (Salvoconducto dos Reis Católicos, cartafol nº9, nº 27, Arquivo-Biblioteca Catedral de Santiago de Compostela, ano 1479).

Share this Post